POLÍTICA DE PRIVACIDADE

I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO

Gas Natural Redes GLP, S.A. (en diante, Redes GLP), con domicilio en Avda. San Luis n.º 77, 28033 Madrid, e con NIF A-66829045, é a entidade responsable do tratamento dos seus datos persoais.

 

II. DATOS PERSOAIS QUE TRATAMOS

II.1. Orixe dos datos persoais que tratamos

Os datos persoais que son tratados por Redes GLP poden provir das seguintes fontes:

  • Datos achegados por vostede (p. ex. nome, apelidos, DNI, teléfono, correo, IBAN etc.).
  • Datos observados por Nedgia ou xerados como consecuencia do desenvolvemento, tramitación e mantemento da relación iniciada entre vostede e Redes GLP (p. ex. consumos realizados, cantidades debidas etc.).

No caso dos Datos de Contacto Profesional das persoas de contacto e representantes legais de entidades, así como de empresarios individuais e profesionais liberais, ou ben de representantes de comunidades de propietarios, puideron ser obtidos das diferentes fontes indicadas no apartado III.D desta Política.

II.2. Categorías dos datos persoais que tratamos

Redes GLP poderá chegar a tratar datos persoais de diferentes tipoloxías, en función da finalidade á que se vaian destinar:

  • Datos identificativos e de contacto, tales como: nome e apelidos, DNI, pasaporte ou NIE, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, enderezo IP, CUPS, IBAN, sinatura manuscrita ou electrónica, voz (p. ex. gravación de comunicacións telefónicas), imaxe.
  • Datos de usuario e contrasinal para rexistro e acceso en apps ou plataformas web de Redes GLP.
  • Datos económicos e financeiros, tales como: número de conta bancaria de domiciliación e cantidades debidas a Redes GLP.
  • Datos de circunstancias sociais, tales como: características da vivenda ou local.
  • Datos asociados á instalación ou ao contrato de subministración, tales como: números de contrato, consumos de enerxía, historial de consumos, consultas, peticións e reclamacións realizadas, así como calquera outra información asociada a estes contratos.
  • Datos académicos e profesionais, tales como: actividade profesional, entidade na que traballa, cargo.
  • Datos de navegación e de uso das canles dixitais de Redes GLP (cando vostede o consinta) e outros recollidos a través do uso das apps ou dispositivos de Redes GLP (cando vostede o autorice habilitando os permisos correspondentes na app de Redes GLP que os requira, ou o consentise doutro xeito).

III. FINALIDADE DO TRATAMENTO, BASE LEGAL, DESTINATARIOS E PRAZO DE CONSERVACIÓN

No cadro que se achega a continuación, encontrará a seguinte información para cada un dos tratamentos de datos realizados por Redes GLP:

  • Finalidade do tratamento: motivo polo que Redes GLP trata os seus datos persoais.
  • Base Xurídica: base legal que permite o tratamento dos seus datos persoais por parte de Redes GLP para cada unha das finalidades descritas. Cando a base sexa o seu consentimento, significa que os seus datos soamente serán tratados con esa finalidade cando vostede previamente manifeste, mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, a súa conformidade co devandito tratamento, en cuxo caso vostede terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo, se así o desexa. Cando a base sexa o interese lexítimo, Redes GLP terá realizado un xuízo de ponderación entre o interese lexítimo perseguido e os seus intereses ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, concluíndo que o primeiro prevalece sobre os segundos. Vostede pode solicitar máis información sobre o devandito xuízo de ponderación dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos a través das canles indicadas nesta Política de Privacidade. Así mesmo, recordámoslle que vostede ten dereito a opoñerse a calquera tratamento dos seus datos persoais que estea baseado no interese lexítimo, e poderá exercitar o devandito dereito a través das canles que se indican nesta Política de Privacidade.
  • Destinatarios: aqueles terceiros aos que, se é o caso, poderían comunicarse os seus datos persoais, e o motivo da devandita comunicación. Con carácter xeral, para calquera das finalidades que se describirán neste Apartado III, Redes GLP terá que comunicar os seus datos persoais a aqueles terceiros aos que por mandato legal estea obrigada a entregárllelos. Por outra banda, tamén poderán ter acceso aos seus datos persoais algúns provedores e prestadores de servizos contratados por Redes GLP para que, en calidade de encargados do tratamento, a asistan na consecución da finalidade do tratamento correspondente. Os devanditos provedores actuarán suxeitos a un contrato de encarga do tratamento para garantir o cumprimento legal en materia de protección de datos de carácter persoal.
  • Prazo de conservación: prazo durante o cal Redes GLP tratará os seus datos persoais. Non obstante, conforme o disposto na lexislación aplicable, os seus datos poderán permanecer bloqueados posteriormente para a súa posta á disposición de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas.

A. ANTES DE DISPOÑER DUN CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN DE GAS PROPANO
Cando vostede inicie un proceso de contratación de subministración de gas propano, facilitando para iso os seus datos persoais, estes poderán ser tratados por Redes GLP coas seguintes finalidades:

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar e tramitar unha solicitude de subministración realizada por vostede, así como contactar con vostede para informalo da situación e o estado desta, e resolver calquera dúbida durante o devandito proceso de alta.

A execución do contrato asinado con vostede ou a aplicación a petición de vostede de medidas precontractuais.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que se complete o proceso de solicitude de subministración. No caso de que, por calquera motivo, o devandito proceso fose cancelado ou non chegase a termo, os seus datos conservaranse ata un máximo de 6 meses dende a última xestión realizada no curso do devandito proceso.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Para poder levar a cabo o proceso de contratación da subministración solicitaránselle algúns datos que son imprescindibles para tal fin, polo que non poderemos xestionar a súa solicitude e informalo do estado desta no caso de non os facilitar.

B. CANDO VOSTEDE É TITULAR DUN CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN

Vostede adquire a condición de titular dun contrato de subministración cando vostede formaliza un contrato de subministración de gas propano con Redes GLP. Ao ter un contrato de subministración, Redes GLP actuará como a súa empresa subministradora e distribuidora de GLP.

Cando vostede sexa titular dun contrato de subministración, os seus datos persoais poderán ser tratados por Redes GLP coas finalidades que se describirán a continuación.

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

O mantemento, desenvolvemento e xestión da relación contractual (p. ex. xestión de lecturas, facturación, cobramento, concertación de visitas, xestión de solicitudes e reclamacións, etc.)

A execución do contrato de subministración.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Os datos persoais conservaranse e trataranse con esta finalidade mentres subsista a relación contractual para cuxa xestión son necesarios.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os datos facilitados por vostede a Redes GLP para contratar a subministración son utilizados por Redes GLP para xestionar o seu contrato de subministración de gas propano.

Comunicarlle a necesidade de efectuar a inspección periódica da instalación receptora común ou individual da súa instalación.

O cumprimento dunha obriga legal.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

A Disposición adicional primeira do Real decreto 984/2015, do 30 de outubro, polo que se regula o mercado organizado de gas e o acceso de terceiros ás instalacións do sistema de gas natural, establece a obriga das empresas distribuidoras de gas de comunicar aos usuarios conectados á súa rede a necesidade de efectuar a inspección periódica das instalacións receptoras comúns ou das instalacións individuais dos puntos de subministración conectados ás súas redes, coa periodicidade establecida na regulamentación vixente de calidade e seguridade industrial.

Contactalo para facerlle chegar, por calquera medio, comunicacións informativas relacionadas coa súa instalación ou contrato de subministración de GLP e os seus servizos asociados (p. ex. documentación relacionada coas operacións na súa instalación, campañas de actualización dos seus datos etc.).

Non son comunicacións comerciais.

O interese lexítimo de Redes GLP en asegurar, certificar e documentar o correcto funcionamento e seguridade da súa instalación e subministración de GLP conforme esixe a normativa do sector gasista, así como informar os clientes sobre aspectos da súa relación contractual con Redes GLP.

Redes GLP non aprecia prexuízo ningún derivado para vostede deste tratamento, e estima que vostede ten unha expectativa razoable de ser informado sobre tales aspectos relativos á súa relación con Redes GLP.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Vostede deixe de ser titular dun punto de subministración.

(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede para coñecer o seu grao de satisfacción e calidade do servizo recibido en relación coa súa instalación ou contrato de subministración. Pode requirir a gravación da chamada que, se é o caso, se realice. Inclúe a chamada para coñecer os motivos de baixa no suposto de que vostede decidise cesar a subministración de gas.

O interese lexítimo de Redes GLP en avaliar a calidade do servizo prestado, tanto pola propia Redes GLP como por aqueles colaboradores ou terceiros cos que traballa en relación cos devanditos servizos, por ser fundamental para garantir uns estándares de calidade adecuados.

Redes GLP considera que, ao recibir un servizo por parte de Redes GLP, vostede ten unha expectativa razoable de ser consultado a este respecto.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Vostede deixe de ser titular dun punto de subministración.

(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

La respuesta a estas encuestas será siempre voluntaria.

A resposta a estas enquisas será sempre voluntaria.
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Xestionar os impagos e o cobramento de débedas (no caso de que se produza algún impago por parte de vostede).

O interese lexítimo de Redes GLP en buscar vías para garantir que se respecten os seus dereitos contractuais e así facer efectivo o cobramento dos importes que lle son debidos.
Consideramos que calquera cliente ten unha expectativa razoable de que lle sexan reclamados aqueles importes que deba a Redes GLP polos produtos ou servizos contratados.
O interese lexítimo de Redes GLP, de conformidade co artigo 20 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Os datos relativos ao incumprimento das súas obrigas monetarias poderían ser comunicados a sistemas de información crediticia, que lle serían informados oportunamente. Isto realizarase de conformidade co disposto no artigo 20 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Así mesmo, poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.
No caso de producirse algún impagamento pola súa parte, Redes GLP unicamente comunicará os datos para o seu mantemento no sistema de información crediticia mentres persista o incumprimento, co límite máximo de cinco anos dende a data de vencemento da obriga monetaria.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

No suposto de que se realizase a comunicación de datos a sistemas de información crediticia, informámolo de que, de conformidade co previsto no artigo 20 da LOPDGDD e o artigo 26 do Regulamento UE 2016/679 (RGPD), Redes GLP e a entidade que xestionase o sistema de información crediticia subscribirían un acordo como corresponsables do tratamento.

Xestionar o seu rexistro como usuario ao Área Privada de Cliente. (cando vostede o solicite), o que lle permitirá acceder a esta e facer uso das funcionalidades que lle ofrece.

O consentimento prestado por vostede ao darse de alta a través do formulario online.

Poderán ter acceso aos seus datos prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Vostede deixe de ser titular dun punto de subministración.

(ii) vostede retire o seu consentimento ou xestione doutro xeito a súa baixa como usuario da Área Privada de Cliente.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Aqueles datos que aparezan marcados como obrigatorios no correspondente formulario de rexistro son necesarios para poder xestionar axeitadamente o seu rexistro como usuario, polo que non poderá rexistrarse no caso de non os facilitar.

Redes GLP soamente destinará a esta finalidade os datos por vostede facilitados durante o seu proceso de rexistro na Área Privada de Cliente.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento, en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

A revogación do devandito consentimento implicará a imposibilidade de seguir sendo usuario da Área Privada de Cliente de Redes GLP, o cal lle impide acceder a esta e facer uso das funcionalidades que ofrece.

C. RESPECTO DAQUELAS PERSOAS QUE CONTACTAN CON REDES GLP CON DIFERENTES FINS

En ocasións, vostede, xa for titular dun contrato de subministración ou non, pode dirixirse a Redes GLP para solicitar información, orzamentos, formular consultas, participar en promocións organizadas por Redes GLP, ou ben interactuar ou realizar outras xestións varias con Redes GLP, á marxe da existencia ou non dunha relación previa contractual ou doutro tipo con Redes GLP, polo que nos facilita para tal efecto algúns dos seus datos persoais. Os devanditos datos poderán ser tratados por Redes GLP coas finalidades descritas a continuación:

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar e atender a petición, consulta, solicitude de información ou requirimento efectuado por vostede a Redes GLP, non relacionado cun contrato previamente asinado con Redes GLP ou coa previa titularidade dun contrato de subministración.

O consentimento prestado por vostede ao realizar a devandita petición, consulta ou requirimento a través dalgunha das canles habilitadas por Redes GLP para tal efecto.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Finalice a xestión da súa petición ou consulta.

(ii) Vostede solicite a súa supresión ou revogue o consentimento outorgado.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os datos que serán tratados por Redes GLP con esta finalidade son aqueles facilitados por vostede con ocasión da petición, consulta ou requirimento correspondente.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento, en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

A revogación do devandito consentimento implica a renuncia a que sexa atendida a súa petición ou consulta.

Xestionar a organización e o desenvolvemento, ata a súa conclusión, da promoción, concurso, sorteo ou similar (en diante a “Promoción’’) de Redes GLP na que vostede se inscribise. En particular, para identificar os usuarios participantes, seleccionar os gañadores e xestionar a entrega do premio a estes últimos.

O consentimento prestado por vostede ao inscribirse na Promoción.

Poderán ter acceso aos seus datos prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Transcorresen tres (3) meses dende a conclusión da Promoción.

(ii) Vostede solicite a súa supresión ou revogue o consentimento outorgado.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os datos que serán tratados por Redes GLP con esta finalidade son aqueles facilitados por vostede no momento de inscribirse na Promoción.

Aqueles datos que aparezan marcados como obrigatorios no correspondente formulario de inscrición son necesarios para poder xestionar axeitadamente a súa participación na Promoción, polo que non poderá inscribirse no caso de non os facilitar.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento, en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

A revogación do consentimento prestado ao inscribirse implicará a renuncia a participar na Promoción.

Contactar con vostede para coñecer o seu grao de satisfacción co servizo recibido, ou coa Promoción ou concurso nos que participase.

O interese lexítimo de Redes GLP en avaliar a calidade dos servizos prestados, tanto pola propia Redes GLP como por aqueles colaboradores ou terceiros cos que traballa en relación cos devanditos servizos, por ser fundamental para garantir uns estándares de calidade adecuados.

Consideramos que, ao facer uso ou recibir un servizo de Redes GLP, vostede ten unha expectativa razoable de ser consultado a este respecto.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Se complete a finalidade descrita.

(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

D. RESPECTO DE PERSOAS DE CONTACTO E REPRESENTANTES LEGAIS DE ENTIDADES, ASÍ COMO DE EMPRESARIOS INDIVIDUAIS E PROFESIONAIS LIBERAIS OU BEN REPRESENTANTES DE COMUNIDADES DE PROPIETARIOS

En ocasións, Redes GLP pode manter unha relación profesional coa persoa xurídica á que vostede preste os seus servizos, coa comunidade de propietarios á que vostede represente ou ben con vostede mesmo se é vostede un empresario individual ou un profesional liberal. Nestes casos, pode acontecer que Redes GLP dispoña dos seus datos de contacto e, en ocasións, os relativos á función ou posto desempeñado por vostede (no seu conxunto, os Datos de Contacto Profesional). Os devanditos datos poderán ser tratados por Redes GLP coas finalidades descritas a continuación:

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Manter unha relación profesional con (segundo corresponda):

(i) A persoa xurídica na que vostede preste os seus servizos

(ii) Vostede, na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal.

O interese lexítimo de Redes GLP, de conformidade co artigo 19 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os seus Datos de Contacto Profesional con esta finalidade ata que vostede solicite a súa supresión ou exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os seus Datos de Contacto Profesional puideron ser obtidos:

(i) Con motivo da formalización ou execución dun contrato ou dunha relación profesional entre Redes GLP e a persoa xurídica á que vostede presta os seus servizos, ou ben con vostede mesmo na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal.

(ii) A través de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, ou ben a través de información pública ou de fontes de acceso público.

(iii) Mediante networking ou reunións profesionais con membros de Redes GLP.

(iv) Ou ben ter sido facilitados a Redes GLP por vostede mesmo ou pola entidade ou organismo no que vostede presta os seus servizos ou por aquela outra entidade ou organismo superior do que depende.

O tratamento dos seus Datos de Contacto Profesional ten por obxecto xestionar axeitadamente calquera relación de Redes GLP coa persoa xurídica á que vostede preste os seus servizos, ou ben con vostede na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal, pero os seus datos non serán tratados para xestionar unha relación con vostede como persoa física.

Xestionar os impagos e o cobramento de débedas (no caso de producirse algún impago por parte de vostede na súa condición de empresario individual ou profesional liberal).

O interese lexítimo de Redes GLP en buscar vías para garantir que se respecten os seus dereitos contractuais e así facer efectivo o cobramento dos importes que lle son debidos.
Consideramos que calquera cliente ten unha expectativa razoable de que lle sexan reclamados aqueles importes que deba a Redes GLP polos produtos ou servizos contratados.
O interese lexítimo de Redes GLP, de conformidade co artigo 20 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Os datos relativos ao incumprimento das súas obrigas monetarias poderían ser comunicados a sistemas de información crediticia, que lle serían informados oportunamente. Isto realizarase de conformidade co disposto no artigo 20 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Así mesmo, poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.
No caso de producirse algún impagamento pola súa parte, Redes GLP unicamente comunicará os datos para o seu mantemento no sistema de información crediticia mentres persista o incumprimento, co límite máximo de cinco anos dende a data de vencemento da obriga monetaria.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

No suposto de que se realizase a comunicación de datos a sistemas de información crediticia, informámolo de que, de conformidade co previsto no artigo 20 da LOPDGDD e o artigo 26 do Regulamento UE 2016/679 (RGPD), Redes GLP e a entidade que xestionase o sistema de información crediticia subscribirían un acordo como corresponsables do tratamento.

Manter unha relación profesional coa comunidade de propietarios á que vostede representa.

O interese lexítimo de Redes GLP de ofrecer os seus servizos, manter e xestionar calquera relación de negocios cunha comunidade de propietarios, polo que a interlocución coa devandita entidade unicamente é posible a través da persoa do presidente da devandita comunidade de propietarios, ou daquela outra persoa que exerza a representación legal desta.

Redes GLP considera que os interesados que exercen a representación da comunidade de propietarios teñen unha expectativa razoable de ser contactados para os fins sinalados.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede solicite a súa supresión ou exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

O tratamento dos seus datos de contacto profesional é necesario para poder xestionar adecuadamente calquera relación de Redes GLP coa comunidade de propietarios á que vostede representa, pero os seus datos non serán tratados para xestionar unha relación con vostede como persoa física.

Os seus datos de contacto puideron ser obtidos das seguintes maneiras:

(i) Foron facilitados a Redes GLP por vostede mesmo ou pola comunidade de propietarios á que representa.

(ii) A través de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, ou ben a través de información pública ou de fontes de acceso público.

(iii) Mediante networking ou reunións profesionais con membros de Redes GLP.

 

E. OUTROS TRATAMENTOS

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar as solicitudes presentadas por vostede para o exercicio dos seus dereitos individuais en materia de protección de datos de carácter persoal.

O cumprimento da obriga legal imposta ao responsable do tratamento polo Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Cumprir con obrigas legais impostas pola normativa aplicable a Redes GLP.

O cumprimento dunha obriga legal aplicable a Redes GLP.

Os seus datos persoais serán comunicados a aqueles terceiros aos que Redes GLP estea legalmente obrigada a comunicar.

Así mesmo, poderían ter acceso aos seus datos prestadores de servizos e provedores de Redes GLP, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Redes GLP conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

En ocasións, Redes GLP ten que tratar os seus datos persoais, xeralmente comunicándoos a un terceiro, para dar cumprimento a unha obriga legal que lle é aplicable.

A continuación, sinalámoslle os casos máis relevantes derivados da normativa do sector da enerxía:

– Elaboración dun censo de usuarios cos datos da instalación e os resultados das revisións obrigatorias sobre a base do Real Decreto 1085/1992, do 11 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo.

– Comunicación de datos á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, cando así o impoña a normativa que regula os procesos propios da actividade de subministración e distribución de Redes GLP que están regulados e deben executarse conforme esixe a normativa, fundamentalmente a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, o Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo; o Real decreto 984/2015, do 30 de outubro, polo que se regula o mercado organizado de gas e o acceso de terceiros ás instalacións do sistema de gas natural, e o Real decreto 1085/2015, do 4 de decembro, de fomento dos biocarburantes.

A iso sumaríanse aqueles outros supostos nos que Redes GLP ten a obriga legal de comunicar os datos persoais que, se é o caso, lle sexan requiridos pola autoridade xudicial ou administrativa competente, así como polos corpos e forzas de seguridade. Por exemplo, aqueles derivados da seguinte normativa:

Art. 7 da Lei orgánica 7/2021, do 26 de maio, de protección de datos persoais tratados para fins de prevención, detección, investigación e axuizamento de infraccións penais e de execución de sancións penais.

Art. 18 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

IV. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS.

Redes GLP non prevé a realización de transferencias internacionais no curso do tratamento dos seus datos persoais coas finalidades indicadas.

Se, para o tratamento dos seus datos coas finalidades indicadas, estes tivesen que ser transferidos fóra do Espazo Económico Europeo (“EEE”), as devanditas transferencias realizaríanse sobre a base da sinatura coas devanditas compañías localizadas fóra do EEE de cláusulas tipo de protección de datos adoptadas pola Comisión Europea para transferencias internacionais, ou ben sobre a base da adopción dalgunha das outras garantías adecuadas previstas pola normativa aplicable.

V. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Redes GLP designou un Delegado de Protección de Datos, cuxos datos de contacto son os seguintes:

– Enderezo postal: Avenida de América, 38 – CP 28028 Madrid

– Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com

VI. DEREITOS SOBRE OS DATOS PERSOAIS

Os dereitos que legalmente o asisten e que poderá exercitar, cando proceda, son os seguintes:

DEREITO

CONTIDO

Acceso

Poderá consultar os seus datos persoais que están a ser obxecto de tratamento por Redes GLP.

Rectificación

Poderá modificar os seus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos.

Supresión

Poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais.

Oposición

Poderá solicitar que non se traten os seus datos persoais sobre a base do interese lexítimo. Así mesmo, poderá opoñerse a que os seus datos persoais sexan tratados con fins de mercadotecnia directa, inclusive á elaboración de perfís na medida que estea relacionada coa devandita mercadotecnia directa.

Limitación do tratamento

Poderá solicitar a limitación ao tratamento dos seus datos:

Mentres se comprobe a impugnación da exactitude dos seus datos.

Cando o tratamento sexa ilícito, pero vostede se opoña á supresión dos seus datos, e solicite a limitación do seu uso. Cando Redes GLP xa non necesite tratar os seus datos, pero vostede os requira para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Cando vostede se opoña ao tratamento dos seus datos para o cumprimento dunha misión de interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os seus.

Non Decisións Automatizadas

Poderá solicitar non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Retirar consentimento

Poderá retirar en calquera momento, sen efecto retroactivo, o consentimento que vostede prestase previamente para autorizar o tratamento dos seus datos para unha finalidade determinada.

Portabilidade

Poderá recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase, así como transmitilos a outra entidade.

Poderá exercitar os mencionados dereitos a través das seguintes canles:

Correo electrónico: derechoslopdRedes GLP@naturgy.com

Enderezo postal: A la atención del Servicio de Atención al Cliente Redes GLP, Plaça del Gas n.º 2, 08003 Barcelona.

Na súa comunicación, deberá constar como referencia “Solicitud Protección de Datos – Ejercicio de Derechos”. Posto que estes son dereitos individuais, Redes GLP debe verificar que son exercidos polo interesado ou persoa autorizada. Para iso, debe acreditar a súa identidade mediante o envío de copia do seu DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente, polas dúas caras. No caso de que exerza os seus dereitos unha persoa autorizada polo interesado, debe enviar tamén a identificación do autorizado e copia da devandita autorización.
Redes GLP facilitaralle a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
Se considera que non tratamos os seus datos persoais adecuadamente, pode contactar co Delegado de Protección de Datos a través das canles antes indicadas.
En calquera caso, informámolo de que, se considera que no tratamento dos seus datos persoais se cometeu unha infracción da normativa aplicable en materia de protección de datos, tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (p. ex. Axencia Española de Protección de Datos – www.aepd.es).

Febreiro 2022