Non superei a inspección
Non superei a inspección periódica. E agora que fago?
En caso de non superares a inspección periódica, deberás poñerte en contacto cun instalador ou empresa autorizada/SAT, para que corrixa as anomalías detectadas durante a visita.
Unha vez resoltas, o técnico cubrirá o xustificante de corrección de anomalías.
Quen corrixe as anomalías?
O instalador ou empresa autorizada, ou o Servizo de Asistencia Técnica.
Recorda que o instalador que realiza a inspección non poderá proceder á reparación das anomalías da visita da Inspección
Que se fai unha vez resolta a anomalía?
Unha vez resoltas as anomalías, o instalador, o técnico da empresa autorizada ou o técnico de Asistencia Técnica encherá o xustificante de corrección de anomalías (JCA), que poderá descargar dende o noso web, e as notificará á Distribuidora (Gas Natural Redes GLP).
Que é o xustificante de corrección de anomalías?
O documento xustificante de corrección de anomalías é un documento que dá fe de que se corrixiron as anomalías detectadas. Asegúrate de que estea ben cuberto, asinado e selado.
Onde envío o xustificante de corrección de anomalías?
Fainos chegar o documento debidamente cuberto, asinado e selado ao enderezo postal que se especifica no mesmo documento que che entregou o inspector (franqueo pagado), se o realizou a distribuidora ou, no caso contrario, ao enderezo de correo electrónico inspeccionperiodicaGLP@gasnaturalfenosa.com
En caso de que non dispoñas deste documento, descárgao dende esta mesma páxina.
Que pasa se non envío o xustificante de corrección de anomalías?
Non teremos constancia de que se corrixiron as anomalías e constará que a túa instalación non cumpre coa normativa vixente. Periodicamente se realiza unha notificación ao organismo competente da túa comunidade autónoma das instalacións con anomalías e pode interromperse a subministración de gas.
Como completo o xustificante de corrección de anomalías?
Se queres saber como debes completar o xustificante de corrección de anomalías, descarga as instrucións nesta páxina.
Xustificante de corrección de anomalías (JCA)
Podes descargar dende aquí o documento de corrección de anomalías, así como consultar as instrucións para cubrilo correctamente.
Xustificante Corrección de Anomalías (JCA)
(PDF 1,8 Mb)