Facturación
Debido a unha incidencia detectada na aplicación do IVE reducido do 10 %, estase realizando a rectificación das facturas correspondentes. Se estás afectado por esta incidencia, recibirás dous documentos: o aboamento da factura errónea e o cargo da factura rectificada. Se estás pendente dunha rectificación de factura, é posible que se retrase. Estamos a traballar para resolver esta situación o antes posible. Desculpa as molestias.
Ofrecémosche unha explicación visual e sinxela da túa factura de gas para que entendas toda a información que contén.
Recorda que podes facilitar a túa lectura no teléfono gratuíto 900 510 511.
Detalle da factura

Información de atención ao cliente

Indícanse os teléfonos gratuítos de contacto que pode utilizar o cliente para realizar calquera consulta, xestión e comunicación de incidencias.
Información sobre o cliente

- Datos contractuais
Aparece identificado o número de contrato asociado á subministración, así como os datos do titular do contrato (nome e apelidos, CIF/NIF) e o enderezo da subministración. - Datos postais
Aparecen identificados os datos do receptor da factura, que pode non coincidir co enderezo da subministración. - Datos de cobramento
Inclúe os datos bancarios facilitados polo cliente para que Gas Natural Redes GLP realice o cargo da factura. Na devandita factura aparecen ocultos os 4 últimos díxitos para preservar a confidencialidade e seguridade dos datos bancarios do cliente.
Detalle da facturación ao cliente sobre lectura e consumo

Nesta parte da factura indícase:
- O Código CUPS, que é o Código Universal do Punto de Subministración. É un identificativo único de cada subministración. Con este código, o cliente pode realizar calquera consulta ou xestión relacionada coa súa subministración.
- Lectura actual e anterior do contador de gas. Aparece a data de ambas as dúas. Segundo o que facilite o cliente, a lectura pode ser:
- Lectura real. É a lectura marcada polo contador.
- Lectura facilitada. É a lectura facilitada polo cliente a través dalgunha das canles de contacto dispoñibles.
- Lectura estimada. É a lectura que se realiza sobre a base dos consumos anteriores, ao non dispoñer de lectura real ou facilitada.
- Consumo. Medido en m3. Obtense da diferenza entre ambas as dúas lecturas (actual e anterior) no período de tempo que se está a facturar.
- Historial de facturación. Inclúe un gráfico do consumo realizado nos 2 últimos anos.
- Detalle facturación. Neste apartado inclúense:
- Data emisión factura, número de factura, tipo gas, tarifa, lugar emisión factura, prezos BOE, prezo de gas, factor conversión a volume, conceptos gas, outros conceptos facturados e IVE.
- Prezo de gas. Segundo BOE en €/kg.
- Factor conversión a volume. A normativa obriga a facturar o gas propano en €/kg, non obstante, ao medirse en m3, é obrigatorio realizar a transformación dos m3 en kg. Este varía en función da presión atmosférica, temperatura media da zona e presión da subministración.
- Conceptos gas:
- Termo fixo. Representa o custo que o cliente paga por recibir gas no seu domicilio. Factúrase de consumir ou non gas.
- Consumo gas. É o consumo de gas realizado no período de facturación indicado na factura (m3 x prezo gas x factor conversión). A actualización dos prezos de gas propano prodúcese de forma mensual no BOE e variará ao longo do ano.
- Outros conceptos facturados:
- Alugueiro de contador. No caso de que sexa propiedade da distribuidora, na factura repercútese o custo do alugueiro.
- Canon IRC. É o importe que se cobra aos usuarios pola “Instalación Receptora Común“, é dicir, a canalización exterior realizada pola distribuidora para a subministración de gas ata a chave de acometida de gas do cliente.
- Inspección periódica. Cada 5 anos é obrigatorio efectuar unha inspección das instalacións receptoras de gas dos usuarios. O cliente pode solicitar a súa realización a unha empresa instaladora de gas autorizada ou a través da distribuidora da súa zona.
- IVE. A todos estes conceptos aplícaselles o imposto sobre o valor engadido correspondente en vigor.

