Lectura

A lectura do contador é importante para que a túa factura reflicta os consumos reais.

Indica a túa lectura:

Dende o formulario que poñemos á túa disposición no web

Podes enviar a lectura do teu contador dende aquí. Só necesitas o teu NIF/NIE e o valor da lectura. En caso de contar con máis dunha subministración, deberás informar o CUPS, que é o Código Universal do Punto de Subministración que identifica o domicilio ou negocio que recibe a subministración de enerxía. Encontrarás o teu código CUPS nas facturas que recibes.

Cartel de aviso de lecturas

Teléfono de lectura

No cartel que deixaremos na túa comunidade informando da próxima lectura, tes un espazo para facilitar a lectura do contador. Deberás anotar só os números enteiros, é dicir, os díxitos que hai á esquerda da coma. Se tes algún problema para identificalos, ponte en contacto con Atención ao Consumidor.

Se queres facilitar a lectura do contador por teléfono, só tes que chamar o 900 510 511, o teléfono gratuíto de lecturas que está á túa disposición as 24 horas.
Para realizar a lectura necesitarás o número de referencia dunha factura ou o DNI e o valor da lectura.

Como toman a miña lectura?

•O persoal responsable realiza esta mediante un teléfono móbil e ao tempo procede a fotografar a devandita lectura. Este sistema asegura a fiabilidade da lectura, podendo detectarse posibles erros antes de realizar a medición do consumo.
•Se o teu contador está situado fóra da túa vivenda, deberá estar accesible mediante fecho homologado.
•Se o teu contador está dentro da túa vivenda, e non te encontras na casa, recomendámosche que facilites a lectura para evitar estimacións (polo menos unha vez ao ano debe realizarse unha lectura por parte do noso persoal).