Seguridade

Consellos de seguridade para a túa instalación de gas

O gas é unha enerxía moi segura, pero tes que ter en conta as súas instrucións de uso para gozalo con toda tranquilidade.

En Gas Natural Redes GLP poñemos á túa disposición un Servizo de Urxencias as 24 horas, os 365 días do ano.

Explicámosche como funciona!

Como funciona?

Este servizo cobre tanto as operacións necesarias para eliminar ou reducir calquera risco potencial, coma as accións para normalizar a subministración de gas..

Para comunicar calquera urxencia, tes que chamar o teléfono gratuíto 900 555 000 de Servizo de Atención de Urxencias.

Cando debes chamar?

Cando percibas que pode existir algún risco causado polo gas ou observes anomalías na subministración, como alta ou baixa presión, ou falta de gas.

Os especialistas de Gas Natural Redes GLP clasificarán a actuación en función do risco ou gravidade e indicaranche como debes actuar.

Se o problema non se pode solucionar telefonicamente, enviarán o persoal especializado de Gas Natural Redes GLP para eliminar os riscos.

Debes saber:

O servizo de Atención de Urxencias de Gas Natural Redes GLP non cobre a reparación da instalación de gas a partir da chave de acometida do edificio, agás que a devandita instalación fose propiedade de Gas Natural Redes GLP.

No caso das áreas comúns do teu edificio, é o propietario, ou quen lle represente, o que debe responsabilizarse da súa conservación e mantemento. No interior da túa vivenda debes manter a instalación en perfecto estado e facer un uso axeitado desta.