Operacións domiciliarias

Estas son as principais operacións domiciliarias que a túa Distribuidora levará a cabo para certificar o correcto funcionamento e seguridade da túa instalación de gas:

Reapertura IRI: sen certificado, con certificado(1), por pagamento de débeda(2)

Operación para poñer en servizo a túa instalación individual. Para iso, o técnico fará unha proba de estanquidade da túa instalación, tamén comprobará que a túa caldeira ou quentador realiza correctamente a combustión e revisará que se corrixise calquera outra anomalía que motivase o peche da instalación. No caso de detectar un funcionamento anómalo ou dano no contador, este tamén poderá ser substituído.

Reapertura IRC sen certificado  

Operación para poñer en servizo todos os puntos de subministración en instalacións comúns pechadas total ou parcialmente. Nesta operación, o técnico realiza unha proba de estanquidade da instalación, tanto común coma individual, e naquelas vivendas onde o cliente estea ausente, deixaralle un aviso con toda a información necesaria para continuar a subministración.

Cesamento de subministración  

Supón a rescisión de contrato e posta en seguridade da instalación individual. O técnico retirará o contador e deixará a instalación en seguridade.

Cambio de contador  

Nesta operación o técnico substituirá o contador por outro das mesmas características e realizará unha proba de estanquidade da instalación.

Comprobar se marca  

Operación para determinar que o contador rexistra o consumo correctamente. O técnico comprobará que o contador marca o mesmo que o indicado na placa dos aparatos instalados. No caso de que non marque correctamente, substituirase por outro.

Peche a petición de distribuidora  

Operación de corte da subministración de gas por débeda pendente co distribuidor. Para iso, o técnico pechará, bloqueará e precintará a instalación, ata que o cliente normalice a súa situación.

Verificar predio ou datos IRC

Operación que ten como obxectivo confirmar diversos datos dunha edificio, estrutura, rúa, número e ordenación de batería de contadores.

Verificar lectura

Operación para verificar a lectura e datos do contador, así como para identificar o punto de subministración.

Levantar contador por obras

Operación para desmontar o contador por obra ou reforma. Durante esta operación, o técnico pechará, bloqueará e precintará a instalación, deixando o contador desmontado na vivenda do cliente.

Ficheros relacionados

*Glosario de termos

Instalación receptora común (IRC):Conxunto de conducións e accesorios comprendidos entre a chave de acometida (excluída esta) e as chaves de conexión de aparato (incluído estas), quedando excluídos os tramos de conexión dos aparatos.

Instalación receptora individual (IRI): Conxunto de conducións e accesorios comprendidos, segundo o caso, entre: a chave de usuario, cando existe instalación común; ou a chave de acometida ou de edificio, cando subministran un só usuario.

Certificado: Documento expedido por unha empresa instaladora autorizada que garante por un período determinado calquera deficiencia na instalación realizada, atribuíble a unha mala execución e contra toda consecuencia que se derive.

Proba de estanquidade: Comprobación da ausencia de fugas na instalación individual ou común.

Proba de combustión: Comprobación da correcta hixiene do proceso de combustión.

(1) Cando se substituíu/substituíron aparato/s por outro/s de diferente/s características e/ou a instalación sufriu modificaciónssuperiores a un metro.

(2)Cando o cliente satisfixo unha débeda coa súa comercializadora.