Certificacións de inspección

Novo regulamento

De acordo coa lexislación vixente, o novo R.D. 984/2015, do 30 de outubro, que poderá encontrar no noso web, a Inspección Periódica deberá realizarse cada 5 anos, e será a distribuidora (RedesGLP) quen notifique mediante carta aos clientes a realización desta, comunicándolles ademais a posibilidade de elixir unha empresa instaladora de gas habilitada para realizar a inspección da súa instalación.

Se o cliente quere realizar a súa inspección cunha Empresa Instaladora, este dispoñerá do prazo indicado na carta para contactar co instalador; polo que será o instalador o responsable de notificar a RedesGLP a realización e o resultado da inspección.

A regulamentación especifica que as empresas distribuidoras deberán comunicar aos usuarios conectados á súa rede, cunha antelación mínima de tres meses, é a necesidade de efectuar a inspección periódica das instalacións receptoras comúns e/ou das instalacións individuais dos puntos de subministración conectados ás súas redes. Se pasado o prazo, en RedesGLP, non se recibe o certificado correspondente da inspección, considerarase que o cliente non realizou a inspección cunha empresa instaladora e, polo tanto, a inspección da instalación a realizará a distribuidora.

Se o que queres informar é unha inspección periódica dunha instalación subministrada dende unha rede canalizada de gas licuado do petróleo (GLP), accede ao seguinte enlace: